domingo, 22 de abril de 2018

CAMPEONES GALEGOS DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA.

O sábado día 21 de abril de 2018, o alumnado do IES acudiu ao Campeonato Galego Escolar de Orientación Deportiva no Monte Pedroso de Santiago de Compostela, acompañados da profesora de Educación Física: Noemí Fernández Pedraza e do profesor de Matemáticas: Fran
Tras un terceiro  posto acadado no ano anterior no mesmo campeonato o cal lles deu a clasificación para ir ao Campeonato de España en Extremadura , este ano conseguen obter un primeiro posto, proclamándose polo tanto CAMPEONES GALEGOS cun total de 151 puntos, por delante dos centros IES A Pinguela de Monforte de Lemos (171puntos) e a Divina Pastora do Barco de Valdeorras (211 puntos); dun total de 28 centros escolares de toda a xeografía Galega.

O equipo estaba formado por:

INFANTIL FEMENINO:
Marta Elisa Sanmartín Campello
Ainara Barrul Miranda
Marta Otero López
Paula García Graña
Natalia García Gutierrez

INFANTIL MASCULINO:
Samuel Díaz Pérez
Abel Pena Bodenlle
Jaime Beres Amenedo
Pablo Buceta Servia
Yeray Porto Roca
Hugo Sanmartín Rodríguez

CADETE FEMENINO:
Anyela Roca Paz
Laura Filgueiras Prieto
Iria Rodríguez Carreira
Noemí García Gutierrez

CADETE MASCULINO:
Antón López Fraga
David Freire Pereira
Pablo Miragaya López
Diego Sanjurjo Santalla

Quixera destacar a boa participación de TODOS ELES E ELAS nun día moi caluroso e nun circuito especialmente duro: grandes costas, gran lonxitude,  monte,...

En especial DESTACAR A:
- Samuel Díaz e Hugo Sanmartín, acadando o posto 23 e 30 respectivamente.
- Paula García e Marta Sanmartín, nos postos 4ª e 6ª.
- Anyela Roca e Laura Filgueiras, 32 e 33.
- Pablo Miragaya e Antón López, 10 e 13 respectivamente.

CAMPEONES GALEGOS DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA ESCOLAR.





Moitas grazas polo voso exemplar comportamento e por deixar o monte mellor do que o atopamos!

Parabéns!
Forza Guiti e a pola seguínte!



No hay comentarios:

Publicar un comentario