lunes, 26 de junio de 2017

FELIZ NOTICIA PARA REMATAR O CURSO!


FELIZ NOTICIA PARA REMATAR O CURSO!!

"CHEGAREMOS XUNTOS"; PREMIADA NO XXXVIII CERTAME TERRA CHÁ de creación artística, na modalidade de AUDIOVISUAL. https://youtu.be/KZzCZxuoSEY 

Proxecto audiovisual creado na Aula de música polos alumnos, que fixeron de realizadores e intérpretes da banda sonora, dirixidos pola súa profesora Sandra Tenreiro Doldán. Traballo en colaboración con Noemí Fernández Pedraza e os seus alumnos de Educación Física que nos inspiraron cos seus fermosos textos; para traballar a educación en valores a través da música e o deporte, .
"A mensaxe envíase a través deste Himno do Deporte Galego "Chegaremos xuntos", composto por Sandra Tenreiro Doldán interpretado e gravado polo alumnado de música de 1º de Bacharelato no centro. A letra atopou a súa inspiración nos textos escritos polo alumnado de Educación Física coordinados por Noemí Fernández Pedraza. 

O poder das ensinanzas artísticas e o deporte na educación en valores. Sinopse;" Nun mundo paralizado polo excesivo consumo tecnolóxico, atopamos o encanto do rural e unhas zapatillas para botarnos a andar, correr e mesmo brincar" . Grazas a todos!"

O GALARDÓN RECOLLERASE EN PARDIÑAS O DÍA 6 DE AGOSTO ÁS 6 DA TARDE. 

Parabéns a todos! e Feliz verán!


No hay comentarios:

Publicar un comentario