lunes, 26 de junio de 2017

FELIZ NOTICIA PARA REMATAR O CURSO!


FELIZ NOTICIA PARA REMATAR O CURSO!!

"CHEGAREMOS XUNTOS"; PREMIADA NO XXXVIII CERTAME TERRA CHÁ de creación artística, na modalidade de AUDIOVISUAL. https://youtu.be/KZzCZxuoSEY 

Proxecto audiovisual creado na Aula de música polos alumnos, que fixeron de realizadores e intérpretes da banda sonora, dirixidos pola súa profesora Sandra Tenreiro Doldán. Traballo en colaboración con Noemí Fernández Pedraza e os seus alumnos de Educación Física que nos inspiraron cos seus fermosos textos; para traballar a educación en valores a través da música e o deporte, .
"A mensaxe envíase a través deste Himno do Deporte Galego "Chegaremos xuntos", composto por Sandra Tenreiro Doldán interpretado e gravado polo alumnado de música de 1º de Bacharelato no centro. A letra atopou a súa inspiración nos textos escritos polo alumnado de Educación Física coordinados por Noemí Fernández Pedraza. 

O poder das ensinanzas artísticas e o deporte na educación en valores. Sinopse;" Nun mundo paralizado polo excesivo consumo tecnolóxico, atopamos o encanto do rural e unhas zapatillas para botarnos a andar, correr e mesmo brincar" . Grazas a todos!"

O GALARDÓN RECOLLERASE EN PARDIÑAS O DÍA 6 DE AGOSTO ÁS 6 DA TARDE. 

Parabéns a todos! e Feliz verán!


lunes, 19 de junio de 2017

BAUTISMO: VELA LIXEIRA NO RC NÁUTICO DA CORUÑA.

O alumnado de 2º BAC de Educación Física acudiu ao RC Náutico da Coruña o día 19 de xuño para facer un bautismo en Vela Lixeira.

Nas imaxes seguíntes podedes ver un breve resumo.

https://goo.gl/photos/BHUXgZHgj5TC9NcE6



¡Gracias Jano e Teresa polas vosas atencións e agarimo!

viernes, 16 de junio de 2017

SENDEIRISMO E RÁFTING NO RÍO ULLA

O vénres día 16 de xuño achegámonos as beiras do río Ulla co alumnado de 1º e 2º BAC os profes Ramón Erias e Noemí Fernández, para facer unha pequena ruta de Sendeirismo con algúns alumnos/as e co resto para facer Ráfting.
Pasámolo xenial e a proba podédela atopar deseguido.

https://goo.gl/photos/YnUiDiy8Kh4fiwSk9





TRABALLOS 1º BAC NO ASISTENCIA A ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA

Entrega de traballos, para alumnado non asistente a actividade complementaria de Ráfting, data máxima:
20 de xuño de 2017, o cal será correxido seguíndo o guión que se adxunta:


FICHA TRABALLO 1º BAC.

SI
REGULAR
NON
●Presentación, correción ortográfica, de márxenes, interlineados.



●Bilingüismo.



Portada, índice, introdución, tema principal, conclusións, bibliografía.




ALUMNADO
Martín Pereira
Daniel Quintián.
Paula Currás
Alba Amenedo
Antía Baamonde
Alba Bergantiños
Luis del valle
David Fidalgo
Nicole González

martes, 13 de junio de 2017

SURF. ESTEIRO O BARQUEIRO.

O martes día 13 de xuño acudimos a praia de Esteiro O Barqueiro (Concello de Mañón) cun grupo de 38 alumnos de 4º ESO e 1º BAC, para facer un "Bautísmo de Surf" coa Escola de Viveiro Osíxeno.
O tempo non nos acompañou pero aínda así pasámolo xenial tal e como mostran as fotos que vos deixo no enlace.

https://goo.gl/photos/ZTn4tj1Xs9MZcg3h7



DATAS: ENTREGA DE TRABALLOS.


4 º ESO

-19 DE XUÑO, ENTREGA DE TRABALLO SOBRE SURF:  O cal será correxido seguíndo a seguínte ficha



FICHA TRABALLO.

REGULAR
NON
●Presentación, correción ortográfica, de márxenes, interlineados.



●Bilingüismo.



Portada, índice, introdución, tema principal, conclusións, bibliografía.





ALUMNADO:
AIDA COBAS, ZAIRA SÁNCHEZ, MARTÍN AMENEDO, RUBÉN BALSA, JUAN CARLOS COMBO, IVÁN LÓPEZ, ALEJANDRO RIVERA.