martes, 14 de marzo de 2017

CARRERA DE ORIENTACIÓN. "O DEPORTE DE PENSAR"

Dentro do plan Proxecta:"Xogade", o IES Poeta Díaz Castro participará no Campionato Provincial de Orientación que terá lugar en Lugo o día 15 de Marzo de 2017, cun total de 50 participantes das categorías infantil e cadete tanto feminino como masculino.

É unha actividade na cal tentamos realizar un percorrido concreto no menor tempo posible. Debemos ir atopando as balizas, seguindo a orde establecida.

PRINCIPAIS VALORES QUE PROMOCIONA ESTA ACTIVIDADE:

 -Efectos positivos sobre a calidade de vida que a actividade física exerce sobre o organismo e a saúde.
-Manifestación dunha actitude de respecto cara ao medio natural.
- Actitude de responsabilidade individual e/ou colectiva.
-Colaboración e cooperación entre compañeiros/as.
-Respecto das normas.
-É para todo o mundo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario