viernes, 24 de junio de 2016

KAIAK E SENDEIRISMO.

O día 21 de xuño o alumnado de 1º e 2º ESO, acompañados polas súas profesoras Noemí Fernández, Irene Barreira, Manuela Balsa e Paula Reguera; disfrutaron dunha xornada de piragüísmo e sendeirismo polas Fragas do Eume en Puentedeume.
Grazas polo voso comportamento!

Aquí vos deixo un vídeo de recordo.


Para ver fotos pincha aquí

jueves, 23 de junio de 2016

RAFTING POLO RÍO ULLA.

O alumnado de bachillerato, o lúns día 20 de xuño queimou as últimas forzas nunha actividade acuática, este ano Rafting, fixeron un descenso polo río ULLA acompañados polos seus profesores Irene de Latín e Grego e Noemí de Educación Física, foi emocionante e divertido.
Grazas polo voso comportamento e pola experiencia compartida.
De seguido deixovos un vídeo resumo da actividade:




Para ver as fotos pincha aquí


miércoles, 22 de junio de 2016

SURF NA PRAIA DE SAN ROMÁN. O VICEDO.

O día 17 de xuño o alumnado de 4º ESO, PDC, FP básica e algún compañeiro de 2º BAC, foi realizar un bautismo de Surf a praia de San Román en O Vicedo, acompañados da súa profe de Educación Física e máis o profe de Historia Santiago Dans.
Foi unha xornada moi divertida na cal moitos dos alumnos alcanzaron éxito moi pronto sobre as tabras de Surf.
Fixéstelo moi ben, parabéns!


Para ver as fotos pincha aquí

viernes, 17 de junio de 2016

FINALISTAS CAMPEONATO DE TENIS DE MESA 4º ESO.

Os finalistas da liga interna de Tenis de Mesa de 4º ESO, que se disputou no terceiro trimestre entre o alumnado de 4º ESO, PDC e profesorado, resultaron ser o profesor de Tecnoloxía José Engroba y el alumno de PDC Edgar Cobas, resultando vencedor o primeiro deles.
Parabéns e grazas polo voso xogo limpo!


jueves, 16 de junio de 2016

XOGOS TRADICIONAIS NA AIRA DA CASA DE MANUEL MARÍA EN OUTEIRO DE REY.

O día 16 de xuño todo o IES trasladouse a casa de Manuel María no Concello de Outeiro de Rei para disfrutar dunha xornada na cal o alumnado fixo diversas actividades tales como: visita a casa de Manuel María, xogos traduicionais, Itinerario lírico, actuación musical...
Os xogos que alí se desenvolveron foron organizados polo departamento de Educación Física, foron os seguíntes:

-          LANZAMENTO: RÁ, CHAVE.
-          TURRA SOGA
-          O PANO
-          OS TRES PÉS
-          CARREIRA DE SACOS
-          CORDA DE SALTAR

Déixovos un vídeo resumo:



miércoles, 15 de junio de 2016

CAMPEÓN DA LIGA INTERNA DE FÚTBOL SALA DO SEGUNDO CICLO.

O campeón da liga interna de 4ºESO, Fp básica e Bachillerato resultou ser o equipo de 4º ESO "A"
Parabéns polo voso xogo limpo!