Blog de encontro sobre a actividade física e o deporte do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, onde encontraredes información útil para as clases de Educación Física.
viernes, 18 de diciembre de 2015
lunes, 14 de diciembre de 2015
PATINAXE SOBRE XEO
Un ano máis o IES Poeta Diaz Castro decidiu facer a saída interdisciplinar previa a nadal a Coruña.
O alumnado do IES visitou diversos lugares da Coruña, e este ano o departamento de educación física ofertou unha xornada de patinaxe sobre xeo na pista instalada no centro comercial Marineda, pola pista demostraron as súas habilidades alumnos/as de todolos cursos da ESO e BAC, ademáis do alumnado de FPBásica.
Pasámolo en grande e aquí deixovos un vídeo resumo.
martes, 8 de diciembre de 2015
EXHIBICIÓN CUBO DE RUBIK.
O alumno de 1º de BAC Javier López Beres, propuxo ao departamento de Educación Física facer unha exhibición de "speed" cubo rubik para o alumnado da ESO e BAC, facendo honor a eso de "Mente sana in corpore sano".
O cubo de Rubik é un rompecabezas mecánico dimensional inventado polo escultor e profesor de arquitectura húngaro Erno Rubik en 1974.
Na exhibición a cal tivo lugar o día 01 de decembro de 2015 na sala de audiovisuais do centro, participaron alumnos/as de varios cursos (Eva, Agustín, Jesús Roca, Óscar López-Felpeto,...) consistiu en facer coa maior rapidez posible diversos cubos, 2*2, 3*3, 4*4... ante numeroso público.
Este día tamén puidemos ver distintos cubos de rubik tales como: megaminx, piraminx, barrel, mirror, gear, mix up, ...
Posteriormente xurdiu a idea de facer un obradoiro de iniciación ao manexo de cubo rubik para enganchar a esta bonita aficción aos compañeiros/as da ESO, apuntáronse un total de 73 alumnos da ESO, BAC e FP básica.
O obradoiro desenvolverase no tempo de lecer, e cada semá adicarase a un grupo.
¡Parabéns Javier e colaboradores polo teu traballo!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)