PROGRAMA:
10.00-10.30 h. Recepción e
control de participantes.
11.00 h. Saída dos primeiros
corredores.
13.00 h. Entrega de medallas, e
clausura; ao finalizar regreso a Guitiriz.
(O alumnado ao finalizar a
competición recibirá un bocata, auga e unha peza de froita)
SISTEMA
DE COMPETICIÓN:
Realizarase unha carreira a pé
por categoría na modalidade individual diurna, de distancia adecuada, con paso
obrigatorio polos controis na orde indicada no mapa. A clasificación será en
función de invertir menos tempo en rematar o percorrido correitamente.
Establecerase unha clasificación individual para cada categoría masculina e
feminina e haberá medallas para ós tres primeiros clasificados en cada
categoría.
NORMAS:
• Os participantes entrarán na
zona de concentración antes das 10:30 h, donde estarán ata a súa saída, que
será con chamada, sobre hora preasignada.
•Fixarase un tempo máximo de hora
e media para todos os percorridos. Transcurrido ese tempo, o participante
quedará descalificado, e deberá regresar inmediatamente á zona de meta.
•É
recomendable que os participantes compitan con roupa lixeira. E teñan roupa e
calzado para cambiarse ó rematar.
•O participante debe levar o mapa
coa información dos controis, que recolle no momento en que se lle dá a saída.
• É obrigatorio realizar o
percorrido na orde indicada no mapa, para non ser descalificado. ¡Ollo ó código
da baliza!.
•A perda do mapa, ou o non paso
por tódolos controis tamén será motivo de descalificación.
• Non está permitido falar nin
seguir a outros corredores, pois é unha carreira individual.
•Todas as persoas que toman parte
nunha carreira de orientación deben amosar respecto cara ós outros
participantes, organizadores e espectadores.
• Todo competidor debe prestarlle
axuda a un corredor se o ve lesionado.
• O corredor debe respetar a
sinalización da carreira e as balizas-control.
•É obrigatorio pasar pola meta,
aínda que se produza o abandono. Ó remate do seu percorrido e paso por meta,
volverán para a Zona Control.
• O corredor debe respetar a
propiedade privada, o mobiliario urbano e non pasar por zonas prohibidas, tanto
organizadores como competidores están obrigados a respetar o medio natural.
• Poderán ser descalificados os
corredores que cometan irregularidades antes, durante ou despois da proba, haberá
observadores comprobando que se cumpren as normas.