jueves, 16 de marzo de 2017

CAMPEONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA EN LUGO.


O mércores día 15 de marzo o alumnado dos catro cursos da ESO clasificado na fase de centro, acudiu  ao Campeonato Provincial de Orientación Deportiva que se disputou no parque Rosalía de Castro de Lugo, actividade enmarcada dentro do  plan Proxecta: modalidade Proxecto deportivo de centro, sección "Xogade".

Un total de 50 participantes das categorías infantil e cadete tanto feminino como masculino acudiron do noso centro a cita deportiva na cal participaron uns catrocentos alumnos de dez centros da provincia de Lugo: Colexio Fingoy, IES Fontei Albei, IES Lucus Augusti, IES Virxe dos Ollos Grandes, IES Xoan Montes, IES Daviña Rey, IES a Pinguela, IES Palas de Rey, IES Becerreá.

Do noso centro na clasificación individual voltamos a casa cun 3º posto acadado por Cris Calvo de 3ºESO na categoría Cadete femenina, un 2º posto de Rubén Balsa de 4º ESO e un 3ª posto de Antón López Fraga de 3ºESO, ambos da categoría Cadete masculino.
En canto a clasificación por centros, obtivemos un segundo posto na categoría cadete masculino e cadete femenino, un séptimo posto na categoría infantil masculino e un octavo posto na categoría infantil femenina.

 A continuación deixovos un enlace para que podades ver os resultados do "Campeonato provincial de Orientación Deportiva 2017".
- https://intranet.fegado.es/intranet/media/attachments/file/2b8/58c983fcda-resultados-campeonato-provincial-escolar-2017-cadete.pdf

- https://intranet.fegado.es/intranet/media/attachments/file/b31/58c983fcdb-resultados-campeonato-provincial-escolar-2017-infantil.pdf



martes, 14 de marzo de 2017

CARRERA DE ORIENTACIÓN. "O DEPORTE DE PENSAR"

Dentro do plan Proxecta:"Xogade", o IES Poeta Díaz Castro participará no Campionato Provincial de Orientación que terá lugar en Lugo o día 15 de Marzo de 2017, cun total de 50 participantes das categorías infantil e cadete tanto feminino como masculino.

É unha actividade na cal tentamos realizar un percorrido concreto no menor tempo posible. Debemos ir atopando as balizas, seguindo a orde establecida.

PRINCIPAIS VALORES QUE PROMOCIONA ESTA ACTIVIDADE:

 -Efectos positivos sobre a calidade de vida que a actividade física exerce sobre o organismo e a saúde.
-Manifestación dunha actitude de respecto cara ao medio natural.
- Actitude de responsabilidade individual e/ou colectiva.
-Colaboración e cooperación entre compañeiros/as.
-Respecto das normas.
-É para todo o mundo.



miércoles, 15 de febrero de 2017

APUNTES DO SEGUNDO TRIMESTRE.

1º ESO:
https://www.dropbox.com/sh/vubwohy5vpdalt0/AABr_2GQR0Uk_Xz6rnBygu6Wa?dl=0

2º ESO:
https://www.dropbox.com/sh/vubwohy5vpdalt0/AABr_2GQR0Uk_Xz6rnBygu6Wa?dl=0

3º ESO:
https://www.dropbox.com/sh/eu9926zjzsc0r8v/AAB9Je3TECZ4JzjnImiPOVkEa?dl=0

3º ESO BILINGÜE:
https://www.dropbox.com/sh/m61vfy0k67flewa/AABIPR_ztW3DZOZPpLjvcwTba?dl=0

4º ESO:
https://www.dropbox.com/sh/l0lwih5ismwf1oq/AABi0U7-3AhLAkJuC7IyVVN2a?dl=0

martes, 14 de febrero de 2017

GAÑADORES LIGAS INTERNAS DE BALONCESTO.

Durante o primeiro e segundo trimestre, xogóuse a liga interna de Baloncesto do primeiro ciclo da ESO (1º e 2º), e a liga de 3º, 4º e Bachillerato.

Noraboa aos campeóns 2º ESO B, PMAR e 2º Bachillerato.





miércoles, 8 de febrero de 2017

LIGA DE XADREZ.

O Mércores 08 de febreiro do 2017, xogáronse no hall do instituto as finais das ligas de Xadrez  de 1º, 2º e 3º da ESO por unha banda e pola outra de 4º de ESO, 1º e 2º BAC.

Os finalistas foron:
-          Rubén Lobeiras Martínez e Eva Fernández Paderne, na liga de 3º, 4º e BAC
-          Paulo Lobeiras Martínez e Manuel Lorenzo García, na liga de 1º e 2º ESO


Os gañadores do torneo tras unhas partidas moi igualadas foron:


RUBÉN LOBEIRAS E MANUEL LORENZO.








viernes, 3 de febrero de 2017

DATAS DE EXPOSICIÓNS ORAIS E EXAMES DA ASIGNATURA DO SEGUNDO TRIMESTRE.

A continuación podedes ver as datas dos exames da materia e das exposicións orais do segundo trimestre para cada un dos cursos:

1º ESO
30 DE XANEIRO EXPOSICIÓN ORAL.
González Vázquez, Adrián
Núñez Porto, Uxía
Pena Lozano, Aldara

Pena Piñeiro, Aitor

22 DE FEBREIRO EXAMEN

2º ESO"A"
02 DE FEBREIRO EXPOSICIÓN ORAL
Paz Garrido, Lucía

Pereira Vilas, Santiago

20 DE FEBREIRO EXAMEN.

2º ESO"B"
02 DE FEBREIRO EXPOSICIÓN ORAL
Ansede Teijido, Cristian
Carballido Martínez, Noemí

21 DE FEBREIRO EXAMEN.

3º BILINGÜE
9 FEBREIRO EXPOSICIÓN ORAL
Nerea Amarelo Teijido
Alba Mª Amil Barral
Juan López Fernández
Antón López Fraga

21 FEBREIRO EXAMEN

3º NO BILINGÜE

20 FEBREIRO EXAMEN

4 º ESO
07 FEBREIRO EXPOSICIÓN ORAL
Lucía Campos González
Aida Cobas Río
Rubén Fontao Roca
Andrea Pérez Calvo

07 DE MARZO EXAMEN



jueves, 2 de febrero de 2017

XORNADA DE INICIACIÓN AO RUGBY

Os días 25 e 31 de xaneiro, tivemos unhas xornadas de "Iniciación ao Rugby" a cargo do club "Muralla RC" da cidade de Lugo co alumnado de 3º da ESO.

Moitas grazas Manolo Miranda e colaboradores polas túas ensinanzas!



Para realizar a inscripción achégate a un dos adestramentos ou consúltanos as túas dúbidas en escola@murallarugby.com . Proba e infórmate!

Aquí deixo algunhas imaxes das xornadas.